Hoxe o alumnado de 1º de primaria mostroulle aos nenos e nenas de educación infantil experiencias realizadas con auga. Para elo,con anterioridade levaron polas aulas uns tubos de ensaio, auga con tintes de distintas cores e uns craveis . Explicaron e realizaron todo o proceso que realizaron e deixaron en cadansúa aula para que observásemos e elaborásemos hipóteses sobre o que podería acontecer.
Á volta do recreo, todos e todas na biblioteca poidemos ver coma os craveis se volveran de cores. Despois dunha magnífica explicación de cómo se alimentan as planta e por onde.
PARABÉNS!!! MOI BO TRABALLO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario