24 de nov. de 2017

25 de novembro"DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO"

Con lecturas, música e carteis celebramos no noso cole o "DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO".
Na biblioteca, na Hora de Ler, tres  nenas de 6º de primaria-Voluntarias lectoras- contaronlle ao alumnado de Infantil , 1º e 2º de primaria "Iriña bailarina" de edicións embora. Rematamos coma o conto bailando e cantando a canción "Toc-Toc" de Pablo Díaz.
Por outra banda, os nenos e nenas de 3º,4º ,5º e 6º de primaria viron o traballo realizado polo alumnado de 5º de primaria "O tempo das bolboretas"sobre as irmáns Mirabal.








Ao longo de toda a semana ,na entrada do colexio: escoitamos a canción de Rozalén "La puerta violeta",  expositor con lecturas pola igualdade , na pantalla poidéronse ver os carteis do concurso que todos os anos convoca o CIM de Bueu. Este ano dous alumnos do cole recibiron unha mención especial polo seu traballo presentado: Miguel (5º de Primaria) e Sabela (6º de Primaria).Parabéns!!

Ningún comentario: