2 de abr. de 2019

ABRIL, MES DOS LIBROS 1

Xa chegou abril, mes intenso na nosa biblioteca.

O día 1 de abril recibimos a visita de Teresa González Costa compartiu unha charla-coloquio co alumnado de 5º de Primaria. Visita patrocinada por Editorial Xerais.

Estivemos conversando animadamente do seu libro "A noite das bicicletas" incluso falamos de fútbol, e por suposto de paxaros, do mundo do circo, das bicicletas, do teatro, de arañas...e de contos de arañas de América, da súa infancia, dos personaxes do seu libro, ata da relación que existe entre as aventuras, os personaxes da súa novela e a súa propia vida.




MOITAS GRAZAS POLA CONVERSA!!!

Ningún comentario: