Esta mañán, o alumnado de 2º de Primaria entrevistou a Manuel Pena, director do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu "someteuse a unha intelixente entrevista colectiva" (lemos nas redes sociais).
Preguntaron sobre a historia, o cambio da nosa vila cando se celebra o festival, que son os patrocinadores, a súa páxina web, a orixe e a lingua das curtametraxes, como as reciben...
Realizaron un traballo exhaustivo de xornalismo de investigación. Parabéns.
MOITAS GRACIAS MANUEL POLA TÚA AGARIMOSA ENTREVISTA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario