8 de abr. de 2019

AS FAMILIAS CONTAN 1

Esta mañán iniciamos unha das nosas actividades favoritas AS FAMILIAS CONTAN.
Acercouse polo centro PALMIRA, a nai de ROI, e contounos unha historia con imaxes titulada "CELIA DICE" . 
Compartiu un dossier con información sobre MULLERES EN DIFERENTES ÁMBITOS.
Intentamos levar a cabo un experimento dunha pantasma cun dedo de luvas, un aro, auga e aprendemos un montón sobre porque os corpos flotan ou se funden.
Foi unha experiencia gratificante para todos e todas.



MOITAS GRAZAS PALMIRA POR COMPARTIR ESTE TEMPO CON NÓS!
 

Ningún comentario: