Retomamos as clases despois das vacacións de Nadal escoitando un clásico destas datas:
"A Marcha Radetzky" do compositor austríaco Johan Strauss (pai).
É costume que esta peza musical peche o concerto de Ano Novo de Viena, no que o público asistente marca con palmas o ritmo ao tempo que o director da orquestra o dirixe.
Este ano 2021, debido á situación tan especial na que nos atopamos, o concerto realizouse sen público polo que a Orquestra Filarmónica de Viena, dirixida polo italiano Riccardo Muti, tivo que interpretar a Marcha sen acompañamento de palmas.
Un concerto, sen dúbida, moi especial!!
Boa semana!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario