Ao longo desta semana gozamos coa lectura de libros de medo, de morcegos, arañas, vampiros, vampiras, lobos, bruxas, curuxas, catrinas, pasteis de cabazas, avoas dentro de cabazas, sopas...
A Santa Compaña voltou para asustarnos coa súa música e traxes negros grazas ao alumnado de 5º de Primaria que a representou polos corredores.
Bailamos todos xuntos "Un poco loco" da película COCO de Luis Ángel Jaramillo e Gael García:
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!
Aquí podedes ver un vídeo resumo:
1 comentario:
Grazas a vós por organizar estes días terroríficos tan especiais para os nen@s.
Da gusto velos disfrutar de cousas que non olvidarán na vida de novo. Bravo!!!
Publicar un comentario