25 de abr. de 2022

"BOAS NOITES, BUFO!"

Nenas e nenos voluntarios de 6º de Primaria, contáronnos dun xeito moi fermoso o álbum ilustrado BOAS NOITES, BUFO! de Pat Hutchins, editado por Kalandraka.

Asier, Iria, Carlota, Yoel, Hugo, David e Lucía empregando diferentes instrumentos (castañolas, cunchas, xilófono, carillón, cascabeis, frauta de émbolo...) narraron este conto acumulativo cheo de sonoridades, sendo os protagonistas os animais do bosque, onde o bufo é o rei da noite.



Parabéns! 

Sodes uns grandes contadores de historias!

Mil grazas por compartir o voso tempo!



Ningún comentario: