Esta mañá clausuramos oficialmente a biblioteca por este curso con dúas actividades moi solemnes.
- A primeira hora todo o alumnado de Infantil asistiu ao contacontos realizado por Carlota e Lucía, dúas voluntarias de 6º. Utilizaron a mesa de luz para contarnos, moi ritmicamente, XOGUETES e VIAXES escritos por Antonio Rubio e ilustrados por Óscar Villán, editados por Kalandraka.
Durante a Hora de Ler, Carmen e Noa de 4º de Primaria, deleitáronnos cun concerto de piano e violín.
Interpretaron varias sinfonías, primeiro a catro mans co piano, a continuación Noa tocou o piano e para rematar Carmen executou unha peza con varias partes co violín.
Estivemos moi atentas e atentos aos silencios para aplaudir sen interromper.
Foi todo un pracer escoitarvos a todas!
Mil grazas por participar sempre nas actividades propostas e por suxerilas!👏👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario