1 de xuño de 2022

"AZUCRE"

 Este martes 31 de maio rematamos o club de lectura de adultos por este curso.

Comentamos AZUCRE, escrito por Bibiana Candía e publicado por Pepitas de Calabaza. É a súa primeira novela onde nos conta un feito histórico case descoñecido da emigración do século XIX, a escravitude de xóvenes galegos nas plantacións de cana de azucre en Cuba.

Podedes escoitar unha entrevista a autora en: https://www.rtve.es/play/audios/historias-de-papel/bibiana-candia-azucre/6388580/

Documental histórico de rtve: https://www.rtve.es/television/20151002/gallegos-esclavos-listas-feijoo/1230930.shtml



Vémonos o próximo curso con "EL VERANO QUE MI MADRE TUVO LOS OJOS VERDES" de Tatiana Tîbuleac.

MIL GRAZAS POR COMPARTIR TEMPO, RISAS E LECTURAS!


Ningún comentario: