Le a noticia publicada no blog e responde:
Como se chama a investigadora que pasou máis tempo na Estación Espacial?
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
7 de feb. de 2020
CHRISTINA KOCH: INVESTIGADORA
A astronauta estadounidense Christina Koch regresou á Terra despois dunha misión de 328 días na Estación Espacial Internacional (EEI) que a converteu na muller que realizou o voo espacial máis longo. Christina Koch e Jessica Meir realizaron o primeiro paseo espacial só de mulleres.
Actualmente a NASA ten en activo a 48 astronautas, dos que 16 son mulleres.
Nestes 328 días, Koch participou en diversas investigacións realizadas na estación espacial, como un estudo da forza vertebral no espazo, que busca definir o impacto que teñen os voos espaciais na degradación muscular e ósea da espiña dorsal e o risco de ruptura dos ósos. De todos os experimentos dos que esta astronauta formou parte, destaca o que desenvolveu sobre os
cristais en microgravidade, que consiste na cristalización da membrana dunha proteína ligada ao crecemento de tumores e a supervivencia ao cancro.
"Que é o que máis botarei de menos? Tanto a exquisita beleza do planeta
Terra, como desta marabilla que foi creada por persoas incribles",
tuiteou.
Podes ler a noticia completa en: https://elpais.com/elpais/2020/02/06/ciencia/1581014607_267825.html
5 de feb. de 2020
BIBLIOLAB: OBRADOIRO NO LABORATORIO, onde ía ser?
JOSÉ LUIS CUERDA
O cineasta José Luis Cuerda finou, onte martes 4 de febreiro, en Madrid.
Entre as súas películas destacan O BOSQUE ANIMADO e A LINGUA DAS BOLBORETAS, as dúas moi vinculadas a Galicia.
Le a noticia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2020/02/04/muere-cineasta-jose-luis-cuerda/00031580827925185722677.htm

3 de feb. de 2020
"OJO DE NUBE"
Hoxe recibimos a visita de RICARDO GÓMEZ autor de "OJO DE NUBE" e "CABALLOS EN LA NIEVE, entre outros libros.
Conversamos sobre a cultura india, as diferentes tribus de Norteamérica, as súas lendas, costumes... e sobre o seu libro OJO DE NUBE, onde se mestura información sobre a vida dos indios e unha historia de ficción.
"ESCRIBIR ES UN ACTO DE MAGIA. No existe nada hasta que alguien lo piensa. LEER ES DESCUBRIR". Ricardo Gómez
MOITAS GRAZAS A RICARDO GÓMEZ E A EDITORIAL SM POR ESTE MARABILLOSO COLOQUIO!

TI PODES CAMBIAR O MUNDO!
O día 30 de xaneiro, conmemórase o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA, School Day of Non-violence and Peace. Ese día é o aniversario da morte de Mahatma Ghandi (1869-1948), líder pacifista que defendeu a non violencia frente ás inxustizas e foi asasinado por defender as súas ideas.
Iniciamos o día coa mensaxe en linguaxe de signos: "TI PODES CAMBIAR O MUNDO".
O alumnado de 5º de Primaria expuso o seu traballo sobre AKAMASOA, A CIDADE QUE XURDIU DO LIXO fundada por PEDRO OPEKA.

Cantamos, todos xuntos UN VELEIRO VERDE de María Fumaça.
E un marabilloso traballo colaborativo mural con veleiros verdes con palabras relacionadas coa paz e o coidado do planeta e carteis reinvindicativos feitos polo alumnado do centro durante os recreos, na biblioteca, no recuncho creativo.
YOU CAN CHANGE THE WORLD!
Visita o blog de Infantil para ver máis traballos sobre este Día.
PREGUNTA
-Por que se celebra o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA o día 30 de xaneiro?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)