6 de mar. de 2020

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 
No Concello de Bueu celebrouse este venres un pleno moi especial no que o alumnado dos centros educativos foi o protagonista.

O pleno estivo rexentado polo alcalde, Félix Juncal, a concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero e o vicealcalde, Julio Villanueva. Participaron  Rosana, Juan e Gabriela de 6º.

Ao remate do pleno entregáronse uns diplomas conmemorativos aos participantes.

O vindeiro luns, 9 de marzo ás 12.00 h, terá lugar no Centro Social do Mar un acto de entrega dos premios dos certames educativos de viñeta/ilustración e literario “A igualdade no traballo”, no que participará alumnado de diferentes cursos do noso colexio.


As rapazas e rapaces de Infantil realizaron estes debuxos reflexionando que todos e todas podemos ser o que nos propoñamos, sin importar nada máis.




4 de mar. de 2020

BIBLIOLAB: BURBULLEANDO

MÉRCORES... LABORATORIO!!
Hoxe mércores, recreo no laboratorio...
O alumnado voluntario de 6º de Primaria, amosou a experiencia BURBULLEANDO
Foi fantástico!
 

CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN

Co motivo da celebración do Día da Muller o concello de Bueu organiza, o venres 6 de marzo, o II Pleno pola Igualdade e o luns 9 o acto institucional, no Centro Social, onde o noso alumnado fará a declaración conmemorativa.
No concurso de viñeta e ilustración deste ano presentáronse máis dun centenar de ilustracións e máis de 60 microrrelatos, biografías e poemas.
Rosana, de 6º de Primaria, recibirá unha mención especial polo seu poema.
PARABÉNS! 

Máis información:
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2020/03/04/bueu-celebra-segundo-pleno-igualdad/2257129.html
https://concellodebueu.gal/o-concello-elixe-os-traballos-ganadores-dos-certames-educativos-a-igualdade-no-traballo/

28 de feb. de 2020

PREGUNTA

Cal é o nome da escritora galega que estivo de aniversario esta semana?

RECITANDO A ROSALÍA!

Este venres 28 gozamos dun marabilloso acto poético: "RECITANDO A ROSALÍA" no parque Novas coa colaboración de diferentes personalidades do noso concello: alcalde, concelleiro, presidente da Fundación Novas, representantes de diferentes negocios locais, de asociacións, nais, alumnado voluntario de 6º... e o magnífico acompañamento musical de seis integrantes da Banda de Gaitas Manxadoira (Román, pai dun alumno, Antonio Solla, Julio, Florencio, Merchi, ex-alumna, e Lupe).
Recitaron e incluso cantaron poemas da nosa benquerida poeta.
Agasallamos aos participantes cunha flor e un marcapáxinas en forma de estrela cun poema, para recordar que a  HD 149143 leva o nome de Rosalía de Castro.




Máis fotos e información na páxina do concello de Bueu e no xornal Faro de Vigo.

Nas diferentes titorías recitamos e ilustramos poemas de Rosalía que están expostos nun lugar visible cara á Casa do Pobo e tamén en diferentes ubicacións de Beluso. Localízaos e envía a túa foto ao correo da biblioteca: biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com


O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS E TODAS
 POR PARTICIPAR E ASISTIR A ESTE RECITAL!

24 de feb. de 2020

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro de 1837, naceu nunha casa do Camiño Novo (hoxe rúa Rosalía de Castro) en  Conxo (Santiago de Compostela) ROSALÍA DE CASTRO, escritora internacional que nos representa a todas e a todos os galegos. 
Curros Enríquez adícalle a nosa autora un poema: “Do mar pola orela / mireina pasar / na frente unha estrela / no bico un cantar”.

Ao longo desta semana conmemoraremos esta data ilustrando poemas de Rosalía nas titorías que colocaremos en diferentes ubicacións da nosa localidade creando un CAMIÑO DE POESÍA. Poderán visualizarse todos xuntos de camiño para a Casa do Pobo, onde está a Biblioteca Pública. O venres 29 será o gran día cun RECITAL POÉTICO: "ROSALÍA DE CASTRO"  a cargo de diferentes persoas da nosa contorna, no Parque Novas.
Para ir preparando o gran día, aquí podedes escoitar diferentes poemas (hai sorpresa final!).

"Dicen que no hablan las plantas"

SondeSeu interpreta: "Campanes de Bastabales" no seu álbum BEIRALÚA.

Carlos Núñez e Fernanda Cabral rapean: "Alborada"

"Castellanos de Castilla" versión da cantautora M J Pérez de Arzúa, fusionando a canción Malamente de Rosalía co poema de Rosalía.
Recuperando o noso canal de poesía: 3, 2, 1...POESÍA, estes marabillosos poemas:
 Máis vídeopoemas no canal de poesía do CEIP Montemogos.
FELIZ SEMANA DE ROSALÍA!
GOZADE COA POESÍA!

21 de feb. de 2020

ENTROIDO SOSTIBLE!

O tema elexido para o desfile de Entroido deste curso foi os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible facendo fincapé:













 Preciosas pancartas deseñadas polo alumnado, incluso con mensaxe:







Fantástico desfile polas rúas de Beluso arroupados por toda a veciñanza e coa colaboración da ANPA:







Cantamos as coplas, compostas nas distintas titorías, no salón de actos:







Unha pequena mostra das letrillas das coplas:













MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!