21 de abr. de 2020

LUZ POZO GARZA (In memoriam)

Onte coñeciamos a triste noticia do pasamento da escritora e académica da Real Academia Galega Luz Pozo Garza " voz esencial das letras galegas ".
Desde aquí queremos rendir a nosa pequena homenaxe lembrando o poema que nos adicou  a través do canal 321... Poesía hai tres anos.


Grazas Luz. Sempre estarás con nós !!!

Día 37: 21.04.20 Hora de Ler na distancia con... Mara (3º EP).

Hora de Ler na distancia con... Mara. 


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

20 de abr. de 2020

20 ABRIL!!!

Coincidindo coa data do título da canción composta por "Celtas Cortos" hai 30 anos, déixovos esta versión feita para estes tempos de coronavirus onde colaboran varios artistas.


Disfrutade coa música!!!

Día 36: 20.04.20 Hora de Ler na distancia con... Aixa (1º EP) e Elba (5º EI).

Hora de Ler na distancia con... Aixa e Elba.


Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

19 de abr. de 2020

AUDIOCONTO: "A POTA QUE TROTA"

 Escoita este fermoso conto:

Un rei ambicioso e ruín que pasa as horas contando as súas riquezas; un home e unha muller máis pobres que as arañas; unha aldea de labregos enganados polo monarca; e unha pota que vai dun sitio a outro apañando e repartindo entre os máis desfavorecidos o que, en xustiza, lles corresponde. 

Estes son os ingredientes desta divertida historia tradicional danesa, escrita probablemente coa idea de entreter e consolar a todos os que só dispuñan da fantasía para conxurar o destino.

Texto de Patacrúa, a partir dun conto tradicional danés.
Ilustracións de Kristina Andres.
OQO editora
Voz de Irene Lamas

Día 35: 19.04.20 CINE EN FAMILIA: " EL NIÑO QUE DOMÓ EL VIENTO"

















Título orixinal
The Boy Who Harnessed the Wind
Ano


Dirección
Chiwetel Ejiofor
Guión
Chiwetel Ejiofor (Libro: William Kamkwamba, Bryan Mealer)
Música
Antonio Pinto

Reparto
Chiwetel Ejiofor, Maxwell Simba, Joseph Marcell, Aïssa Maiga, Noma Dumezweni, Lemogang Tsipa, Kelvin Maxwell Ngoma, Lily Banda, Beatus Ble Msamange
Xénero
Drama. África. Adolescencia. Pobreza. 
Sinopse
Un neno da República de Malaui  axuda ás persoas do seu pobo construindo unha turbina despois de ler un libro no que se explican os pasos para a súa creación. 
Basada en feitos reais.


Para o diálogo:
É importante o valor da educación. Os pais de William queren darlles unha educación a el e á súa irmá. Unha e outra vez aluden á falta de estudos como un problema. E imos vendo a dificultade, o esforzo e o privilexio que supón o poder ir ao colexio desde a primeira escena co uniforme escolar, ao acceso a unha biblioteca...
Tamén é unha película sobre a familia. Sobre a necesidade de loitar uns por outros, e sobre o amor.
A película está baseada na historia real de William Kamkwamba, e mostra a capacidade dalgunhas persoas de perseguir metas que van máis aló do establecido.
GOZADE CO VISIONADO DESTA FERMOSA PELÍCULA!

18 de abr. de 2020

Día 34: 18.04.20 MINUTOS MUSICAIS!!

  Ola de novo a todos e todas!!!
  Porque está demostrado que a música ten uns efectos beneficiosos para a nosa saúde: é quen de cambiar o noso estado de ánimo, de reducir o estrés, de facernos sentir mellor... Queremos retomar as audicións musicais que viñamos facendo ao longo da semana.

Cada sábado faremos unha proposta, esperamos que vos gusten.

Comenzamos con "Aves enjauladas" unha canción na que Rozalén transmite o que estamos a vivir nesta situación de confinamento.


"A música é para a alma o que a ximnasia é para o corpo" (Platón).

Boa semana!!!