Un rei ambicioso e ruín que pasa as horas contando as súas riquezas; un home e unha muller máis pobres que as arañas; unha aldea de labregos enganados polo monarca; e unha pota que vai dun sitio a outro apañando e repartindo entre os máis desfavorecidos o que, en xustiza, lles corresponde.
Estes son os ingredientes desta divertida historia tradicional danesa, escrita probablemente coa idea de entreter e consolar a todos os que só dispuñan da fantasía para conxurar o destino.
Texto de Patacrúa, a partir dun conto tradicional danés.
Ilustracións de Kristina Andres.
Ilustracións de Kristina Andres.
OQO editora
Voz de Irene Lamas
Ningún comentario:
Publicar un comentario