Mirade que científicas e científicos temos no noso cole!
Atréveste a facer algún experimento?
Aínda estás a tempo de enviar o teu vídeo a biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com
Aixa, Raúl, José Ángel, Andrés, Iria, Juan, Iria R., Ainhoa e Aitor, Aixa e Elba mostran o seu bo facer científico.
EXPERIENCIAS "TENSIÓN SUPERFICIAL":
EXPERIENCIAS "EFECTO MARANGONI":
EXPERIENCIA "EFECTO MARANGONI" E TENSIÓN SUPERFICIAL:
EXPERIENCIAS "TINTA INVISIBLE":
EXPERIENCIA "ARCO DA VELLA NUN PRATO":
EXPERIENCIA "ARCO DA VELLA"
EXPERIENCIA "AIR PRESSURE: THE EGG AND THE BOTTLE"
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura.
Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com
Unha científica galega...
REBECA ATENCIA É A DIRECTORA DO INSTITUTO JANE GOODALL NO CONGO.
Rebeca Atencia
Jane Goodall
Naceu en Ferrol en 1977 e estudou Veterinaria. Desde nena, o seu soño era traballar na recuperación de animais salvaxes. No ano 2005 marchou á República Democrática do Congo para rehabilitar a primates feridos. A primatóloga británica Jane Goodall propúxolle facerse cargo do Centro de Rehabilitación en Tchimpounga, hoxe en día unha referencia mundial na recuperación de simios.
A veterinaria galega é unha gran defensora da sostibilidade, do consumo responsable e loita contra a deforestación e os cazadores furtivos.
Foi proposta pola revista norteamericana "Newsweek" como unha das 20 mulleres do futuro.
Reportaxe dun programa de televisión española con Rebeca Atiencia no Centro de Rehabilitación de Tchimpouga, da Fundación Jane Goodall no Congo (África)
Aínda
que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na
distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha
lectura.
Se
vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo
axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo
ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com
Aínda
que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na
distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha
lectura.
Se
vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo
axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo
ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com
Os orangutáns están en perigo de extinción pola perda do seu hábitat, debido a tala de árbores, as plantacións para obter aceite de palma e os conflitos cos humanos.
Un orangután é o compañeiro de viaxe de Kusuma, a faisán protagonista do libro que enlaza os experimentos que íamos levar á Feira.
A partir da lectura dun libro, seguindo o método científico, o alumnado de 6º de Primaria, explica ao público un experimento durante a FEIRA DA CIENCIA E A LITERATURA en Bueu. Este curso lemos, no club de lectura de 6º, KUSUMA.
Datos:
Título:KUSUMA
Autor: HÉCTOR CAJARAVILLE
Ilustradora: MARÍA LIRES
Editorial: XERAIS
Colección: MERLÍN
Temas: Globalización, migración, inclusión, prexuízos, amizade, superación, coidado do planeta, ecoloxía, medio ambiente.
ISBN: 978-84-9121-410-6
Gañador do PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2018
Resumo:
Kusuma é unha faisán da selva de Kaltim que está esperando pitiños. Vese obrigada a fuxir pola acción destructiva do ser humano.
Emprende unha viaxe nas bodegas dun barco mercante camiño de Galicia. Coñece a Guntur, o orangután.
Instálase nun bosque de carballos e coñece a unha serpe, á que os seus donos abandonaron cando medrou. Ela dille que non pode vivir alí xa que existen unhas normas que non permiten aos forasteiros instalarse na fraga.
Kusuma marcha ao bosque dos eucaliptos. A serpe axúdalle a trasladar aos seus pitiños ao eucaliptal. Xunto cos vecinos loita contra as temidas avespas asiáticas.
Os habitantes da fraga cambian a lei para vivir todos xuntos. Kusuma prefire buscar outro sitio e marcha cos seus pitiños. Durante a viaxe atopa de novo a Guntur.
Unha bubela convídaa a vivir nunha devesa, aínda que este non será o seu derradeiro destino.