PERIGO DE EXTINCIÓN
Os orangutáns están en perigo de extinción pola perda do seu hábitat, debido a tala de árbores, as plantacións para obter aceite de palma e os conflitos cos humanos.
Un orangután é o compañeiro de viaxe de Kusuma, a faisán protagonista do libro que enlaza os experimentos que íamos levar á Feira.
Un orangután é o compañeiro de viaxe de Kusuma, a faisán protagonista do libro que enlaza os experimentos que íamos levar á Feira.
A partir da lectura dun libro, seguindo o método científico, o alumnado de 6º de Primaria, explica ao público un experimento durante a FEIRA DA CIENCIA E A LITERATURA en Bueu. Este curso lemos, no club de lectura de 6º, KUSUMA.
Datos:
Título: KUSUMA
Autor: HÉCTOR CAJARAVILLE
Ilustradora: MARÍA LIRES
Editorial: XERAIS
Colección: MERLÍN
Temas: Globalización, migración, inclusión, prexuízos, amizade, superación, coidado do planeta, ecoloxía, medio ambiente.
ISBN: 978-84-9121-410-6
Gañador do PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2018
Resumo:
Kusuma é unha faisán da selva de Kaltim que está esperando pitiños. Vese obrigada a fuxir pola acción destructiva do ser humano.
Emprende unha viaxe nas bodegas dun barco mercante camiño de Galicia. Coñece a Guntur, o orangután.
Instálase nun bosque de carballos e coñece a unha serpe, á que os seus donos abandonaron cando medrou. Ela dille que non pode vivir alí xa que existen unhas normas que non permiten aos forasteiros instalarse na fraga.
Kusuma marcha ao bosque dos eucaliptos. A serpe axúdalle a trasladar aos seus pitiños ao eucaliptal. Xunto cos vecinos loita contra as temidas avespas asiáticas.
Os habitantes da fraga cambian a lei para vivir todos xuntos. Kusuma prefire buscar outro sitio e marcha cos seus pitiños. Durante a viaxe atopa de novo a Guntur.
Unha bubela convídaa a vivir nunha devesa, aínda que este non será o seu derradeiro destino.
COA LECTURA VIAXAS POR TODO O MUNDO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario