7 de maio de 2020

Semana da FEIRA DA CIENCIA E A LITERATURA virtual

Unha científica galega...
REBECA ATENCIA É A DIRECTORA DO INSTITUTO JANE GOODALL NO CONGO.
Rebeca Atencia
Jane Goodall

Naceu en Ferrol en 1977 e estudou Veterinaria. Desde nena, o seu soño era traballar na recuperación de animais salvaxes. No ano 2005 marchou á República Democrática do Congo para rehabilitar a primates feridos. A primatóloga británica Jane Goodall propúxolle facerse cargo do Centro de Rehabilitación en Tchimpounga, hoxe en día unha referencia mundial na recuperación de simios.
A veterinaria galega é unha gran defensora da sostibilidade, do consumo responsable e loita contra a deforestación e os cazadores furtivos.
Foi proposta pola revista norteamericana "Newsweek" como unha das 20 mulleres do futuro.

Reportaxe dun programa de televisión española con Rebeca Atiencia no Centro de Rehabilitación de  Tchimpouga, da Fundación Jane Goodall no Congo (África)


Entrevista a REBECA ATIENCIA:
Para saber máis le:
Reportaxe en GCiencia
Entrevista no xornal La Voz de Galicia

Ningún comentario: