9 de xan. de 2022

MINUTOS MUSICAIS

 Estamos xa de volta, despois das vacacións de Nadal, con moito ánimo e alegría e, como  non , coas nosas audicións semanais.

Comenzamos cun clásico xa destas datas, a "Marcha Radetzky" do compositor Johan Strauss pai.

Na actualidade é moi coñecida porque todos os  1 de xaneiro a Orquestra Filarmónica de Viena remata o seu concerto de Aninovo con esta  obra. Durante a súa interpretación a audiencia aplaude ao compás e o director xírase ao público no canto de facelo coa orquestra.


         FELIZ SEMANA!!!

5 de xan. de 2022

Feliz Noite de Reis!

Estades preparados para esta noite máxica?

Oxalá se fagan realidade os vosos soños.



EL REGALO QUE YO QUIERO

Yo no deseo un regalo
que se compre con dinero.

He de pedir a los Reyes
algo que aquí no tengo:
pido dones de alegría
y la canción de un jilguero,
y la flor de la esperanza
y una fe que venza el miedo.

Pido un corazón muy grande
para amar al mundo entero.

El regalo que yo quiero.

GLORIA FUERTES 

29 de dec. de 2021

"O BUEU QUE SOMOS", calendario

O concello de Bueu acaba de editar un calendario cun total de quince láminas do artista local e exalumno do noso centro Josuha Xanbreo para poñer en valor o patrimonio do noso pobo.

Destaca efemérides relacionadas con datas relevantes tanto de mulleres e homes da historia de Bueu, como outras de nivel galego e mundial que fan fincapé en valores como o respecto polo medio ambiente, a igualdade, a cultura, o deporte...

Podes descargalo de balde na páxina do Concello. (Preme na ligazón) 


Parabéns Josuha polas fermosas ilustracións!

23 de dec. de 2021

MÍRIAM FERRADÁNS: gañadora do Premio Fernández del Riego

 A nosa benquerida escritora e exalumna MÍRIAM FERRADÁNS acaba de gañar o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego polo seu artigo DALIAS publicado en Nós Diario. Para a súa lectura preme no título.

Un artigo onde nos descubre un costume da xente da illa que cada 31 de outubro sae de Bueu en barco con flores para poñer no cemiterio de Ons. 

"... Cando era nena pensaba que as illas eran flotantes e que estaban ancoradas á terra por cordas xigantes polo de evitar que fuxisen mar adentro...

Que sorte ter unha Illa ancorada á terra!"


MOITÍSIMOS PARABÉNS!
FERMOSO AGASALLO DE NADAL!

Dalias, flores:




Bo Nadal!

Todas as persoas do CEIP PLURILINGÜE MONTEMOGOS 

desexámosvos un Bo Nadal e un ano novo cheo de éxitos e felicidade!

19 de dec. de 2021

MINUTOS MUSICAIS!!

 A audición desta semana na que todos e todas estamos ansiosos pola chegada das vacacións e do Nadal, escoitaremos a panxoliña "FESTEXANDO O NADAL".


                              FELIZ SEMANA E FELICES FESTAS!!