Convite a un contacontos por xentileza de librería Miranda!
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
4 de maio de 2023
Contacontos en Bueu
Círculo de diálogo
Co gallo do 2 de maio, Día Internacional contra o Acoso Escolar, diversos representantes de cada curso reuníronse, na biblioteca, para realizar un círculo de diálogo coa mediación do Departamento de Orientación.
Nesta dinámica, que ten por obxectivo pór en valor a comunicación, a escoita e o afianzamento dos lazos de amizade entre todo o alumnado, falouse das actividades que cada un dos cursos fixera en relación co Día internacional contra o acoso.
Despois disto, o alumnado expuxo as conclusións ás que chegaran en cada unha das súas aulas, facendo especial fincapé na proposta de diferentes solucións dirixidas a previr e solucionar a aparición de casos de acoso escolar no noso centro.
Visita de Susana Bastón, oceanógrafa
Hoxe falamos coa oceanógrafa Susana Bastón Meira, nada en Cela, experta en enerxías renovables mariñas.
Viaxamos pola súa traxectoria como investigadora e tratamos o tema da loita contra a basura mariña, importantísima para protexer a biodiversidade dos océanos
É unha gran fan das mates e apaixonada da praia.
Escoita a entrevista realizada polo alumnado de Infantil:
https://open.spotify.com/show/6mY4bhZZhrAZl89TyUGeSv
Podcast elaborado polo alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil e a mestra Raquel.
3 de maio de 2023
Club de Lectura: A lavandeira de San Simón
Iniciamos un novo libro no Club de Lectura de Os Belulectores: "A lavandeira de San Simón", escrito por Eva Mejuto, ilustrado por Bea Gregores na colección Pequena Memoria de Xerais.
Estamos desexando conversar arredor da súa historia!
2 de maio de 2023
2 de maio: Día contra o acoso escolar, a violencia e o ciberacoso
O día 2 de maio é o Día Internacional contra a violencia, o acoso escolar e o ciberacoso.
O acoso escolar, tamén chamado "bullying", é un dos grandes problemas aos que nos enfrontamos actualmente tanto na escola como na sociedade.
Segundo UNICEF, 2 de cada 3 nenos ou nenas foron intimidados polos seus compañeiros algunha vez, tanto física coma psicoloxicamente.
Cada un de nós pode axudar a previr e erradicar este problema que afecta á saúde mental, a calidade de vida e ao rendemento académico das vítimas.
Debemos educar en valores sociais e morais positivos, estimulando a autoestima.
E ti... que fas para evitar o acoso e a violencia?
Belutecas: os libros saen ao patio
Abril é o mes dos libros. Por ese motivo temos programadas diversas actividades onde os protagonistas son os libros: As familias contan, Acompañamentos lectores, representación teatrais, contacontos, unha nova sección: a Bibliofamilias...das que vos iremos informando.
Retomamos a actividade de AS BELUTECAS, unhas maletas cargadas de libros que os voluntarios lectores se encargan de levar aos patios durante o recreo, para gozar coa lectura ao aire libre.
Grazas ás voluntarias de 6º de Primaria Cris, Nerea e Sara pola creación do vídeo.
II Festival Solidario Art For Change
O alumnado do noso centro participou con "Baleas e cachalotes con historia" escribindo un microrrelato para cada balea impresa na 3D, figuras de plastilina, papiroflexia, diferentes tipos de marcapáxinas, manualidades reutilizando materiais de refugallo (luras, peixes...) e láminas de paisaxes e animais mariños...
Agradecer a colaboración da ANPA Cabo Udra.
Parabéns a toda a comunidade educativa do IES Johan Carballeira implicada na organización do II Festival Solidario Art for Change e a todas as comunidades, asociacións, entidades participantes.







.jpg)
