O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o
11 de febreiro de cada ano como o Día Internacional da Muller e a Nena
na Ciencia co obxectivo de lograr o acceso e a participación plena e
equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, a igualdade de xénero
e o empoderamento das mulleres e as nenas.
O blog da Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe Montemogos
11 de feb. de 2020
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA!
"OS ANIMAIS DO PLANETA"
O alumnado de 3º de Primaria fixo unha gran presentación dos ANIMAIS DO PLANETA.
Explicaron a súa clasificación, a reproducción, a alimentación e observamos in situ o esqueleto dun can!
Máis información no blog de Primaria
Explicaron a súa clasificación, a reproducción, a alimentación e observamos in situ o esqueleto dun can!
Máis información no blog de Primaria
PARABÉNS FOI UNHA PRESENTACIÓN MAGNÍFICA!
PREMIO MATILDE BARES
A autora pontevedresa Eva Mejuto é a gañadora do XI Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, convocado polo Concello de Bueu, por unha obra titulada "Matilde", escrita cunha "gran sensibilidade" e que enxalza a vida e obra de Matilde Bares ao tempo que describe a vila de Bueu e a súa realidade nos anos trinta.
O premio rende unha homenaxe a Matilde Bares, mestra e organizadora de actividades culturais e teatrais en Bueu.
Eva Mejuto conta cunha ampla traxectoria, tanto por ter formado parte de proxectos editoriais como pola publicación de historias para público infantil e xuvenil. Por exemplo na súa novela 22 segundos, aborda o tema da transexualidade ou en Memoria do silencio, a historia das irmás Touza de Ribadavia. Tamén é coordinadora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

9 de feb. de 2020
FEBREIRO, MES DE ROSALÍA
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro, neste mes de Febreiro, concretamente o día 24 fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora.
É por iso que esta semana entraremos no cole ao son da canción ROSALÍA PEQUENIÑA de Uxía Xenlle.
7 de feb. de 2020
"TODOS MENOS UNO"
Ola, somos Eva (6º E.P.) e Yanira (5º E.P) e onte fómoslles contar un conto aos nenos e nenas de E. Infantil.
Sabedes por que fomos nós? Porque ás dúas nos encanta ler e contar contos. Onte tocou "TODOS MENOS UNO"e aos convidados encantoulles, sobre todo cando entenderon a mensaxe que transmitía o libro... TODOS SOMOS ÚNICOS!!!
Un saúdo agarimoso para as seguidoras e seguidores deste blog.
Asinado: Eva e Yanira.

PREGUNTA
Le a noticia publicada no blog e responde:
Como se chama a investigadora que pasou máis tempo na Estación Espacial?
Como se chama a investigadora que pasou máis tempo na Estación Espacial?
CHRISTINA KOCH: INVESTIGADORA
A astronauta estadounidense Christina Koch regresou á Terra despois dunha misión de 328 días na Estación Espacial Internacional (EEI) que a converteu na muller que realizou o voo espacial máis longo. Christina Koch e Jessica Meir realizaron o primeiro paseo espacial só de mulleres.
Actualmente a NASA ten en activo a 48 astronautas, dos que 16 son mulleres.
Nestes 328 días, Koch participou en diversas investigacións realizadas na estación espacial, como un estudo da forza vertebral no espazo, que busca definir o impacto que teñen os voos espaciais na degradación muscular e ósea da espiña dorsal e o risco de ruptura dos ósos. De todos os experimentos dos que esta astronauta formou parte, destaca o que desenvolveu sobre os
cristais en microgravidade, que consiste na cristalización da membrana dunha proteína ligada ao crecemento de tumores e a supervivencia ao cancro.
"Que é o que máis botarei de menos? Tanto a exquisita beleza do planeta
Terra, como desta marabilla que foi creada por persoas incribles",
tuiteou.
Podes ler a noticia completa en: https://elpais.com/elpais/2020/02/06/ciencia/1581014607_267825.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)