28 de abr. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!







 Zavala é o proxecto musical de Carla Romalde (voz, frauta traveseira), Ana Lage (baixo, piano, acordeón, coros), Elena Zas (piano, viola, coros), Carlos “Kos” Castro (programacións, bases, visuais) e Víctor Ledo (guitarra, coros).


A banda mestura os aspectos máis orgánicos e melódicos da música con texturas e bases electrónicas, sons contemporáneos con matices, ás veces, do tradicional. As letras, intimistas e persoais, colorean o amplo abano musical, que vai desde o máis acústico e simplista a pasaxes máis sintéticas.

Este tema "Retrouso do Barqueiro" tamén colaboran as cantareiras Atalaias de Caión.



22 de abr. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 



Treixadura comezou en xullo de 1990 cos gaiteiros Antón e Xan López, Xaquín Xesteira e Xabier Martínez como membros orixinais. Ao ano seguinte súmaselles Ramón Vázquez, oChilro, e comezan a desenvolver un estilo propio que ten como eixo fundamental os ritmos, as cantigas e os instrumentos tradicionais galegos.

14 de abr. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!

 



NAO foi un grupo galego de música rock orixinario da EstradaPontevedra. Estivo activo de 2005 a 2019, tempo no que editou catro álbums de estudio ademais de tres EPs. As letras das súas cancións caracterízanse polo compromiso político e a crítica social

Membros:

·        Pablo Carracedo "Jasper": Guitarra e voz

·        Gustavo Brea "Gus": Guitarra

·        Antón Fernández "Torroncho": Baixo

·        X. Ramón Iglesias "Amós": Batería


31 de mar. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!


 




!Cultura Crítica é un tema grupo de música rock galego NAO. Conta coa participación do grupo de rap SonDaRúa e Tanxugueiras.

24 de mar. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!

 



Zeltia Irevire é unha banda galega cun estilo de autor único que se nutre de xéneros coma o folk ou o blues.

Formada no ano 2019 en Santiago de Compostela. Denominan o seu estilo propio como “Folk Tribal”, situándoo dentro das Músicas do Mundo.

Caracterízase pola sólida sonoridade dos instrumentos acústicos (bodhran, caixa de pimentón, violín, guitarra acústica e bouzouki), que se mesturan con outros sons máis electrónicos (sintetizador de baixo, pedais de efectos…). A composición das súas letras toman como referencia a sabedoría popular e reivindican a defensa do patrimonio cultural e natural de Galicia.

As súas integrantes son:

            —  Zeltia Acuña: voz e guitarra acústica.

            —  Migui Carballido: coros, bouzouki, bodhran e outras percusións.

            —  Cibrán Seixo: violín e sintetizador de baixo.

17 de mar. de 2025

MINUTOS MUSICAIS!

 



Dakidarría é unha banda galega de música, creada no ano 2003 entre Nigrán e o Val Miñor, que fusiona ska, punk e reggae.

As súas letras comezaron sendo en castelán pero, co paso dos anos, a banda foi tomando conciencia do problema lingüístico en Galiza e comezaron a gravar as súas cancións en galego, ademais de ter cantado noutra decena de linguas durante a súa traxectoria. As súas letras lanzan unha mensaxe de crítica política e social contra o capitalismo, a globalización, o consumismo e a alienación, e defendendo o internacionalismo, a liberdade dos pobos e a diversidade cultural.

 Membros en activo:

            - Gabriel Reigosa (guitarra e voz principal).

            - Iñaki (guitarra e voces)

            - Antón Torroncho (baixo).

            -  Paulinha (Trombón e voces)

            - Jorge Guerra (batería)

            - Anxo Iglesias (saxo barítono)

            - Joaquín Fuentes "Juaqui" (trompeta e voces)

            - Laura Mercy

            - Pol (mesturas e voces)