No
Concello de Bueu celebrouse este venres un pleno moi especial no que o alumnado dos
centros educativos foi o protagonista.
O
pleno estivo rexentado polo alcalde, Félix Juncal, a
concelleira de igualdade, Ana Isabel Otero e
o vicealcalde, Julio Villanueva. Participaron Rosana, Juan e Gabriela de 6º.
Ao
remate do pleno entregáronse uns diplomas conmemorativos aos
participantes.
O vindeiro luns, 9 de marzo ás 12.00 h, terá lugar no
Centro Social do Mar un acto de entrega dos premios dos certames
educativos de viñeta/ilustración e literario “A igualdade no
traballo”, no que participará alumnado de diferentes cursos do noso colexio.
As rapazas e rapaces de Infantil realizaron estes debuxos reflexionando que todos e todas podemos ser o que nos propoñamos, sin importar nada máis.