22 de abr. de 2020

22 de ABRIL: DÍA DA TERRA. EARTH DAY

Celebrar o Día da Terra é unha invitación para reflexionar sobre o coidado do noso planeta, a contaminación, os animais, as plantas, o medio ambiente...

A primeira ecoloxista Rachel Carson dixo:
"Esteas onde esteas e sexan cales sexan os teus recursos, sempre podes alzar a vista e contemplar o amencer ou o crepúsculo, as nubes ou as estrelas na noite. Reflexionar sobre o misterio dunha semente en crecemento plantada nunha maceta na cociña"

Desde as nosas casas aproveitemos os pequenos recursos que temos ao noso alcance para achegar a natureza aos nosos fogares. Aquí van algunhas ideas, pero seguro que tendes moitísimas máis.
Observa desde a túa ventá: aves, nubes, vexetación...

O TEMPO – Anota a temperatura en distintos momentos do día, observa a traxectoria do sol… – Identifica o tipo de nubes – Fabrica un reloxo solar – Experimentos meteorolóxicos

AVES – Observa e escoita as aves para tentar identificar algunhas. Podes empregar: Guía de aves de Seo Bird Life
Sonogramas de Carlos de Hita
PLANTAS – Conseguir sementes na casa, por exemplo, de pemento, aguacate, limón, mazá, pera, legumes… – Coidar macetas con aromáticas. – Brotar un talo de cenoria ou de apio, unha cebola, uns dentes de allo… – Facer compost nunha botella

CREA O TEU CADERNO DE CAMPO e anota: – As observacións do tempo ou os cultivos nun diario con debuxos, fotos e comentarios. – Elaborar fichas informativas das plantas de casa para saber que coidados necesitan… – Debuxa aves e as súas características.

REALIZA UN PASEO VIRTUAL POLO PLANETA:

https://view.genial.ly/5e8ccdfdd9dad70d838beb1c

O NOSO PLANETA VISTO DESDE O ESPACIO. O mellor regalo para a Terra é este respiro.
RETO
A ver canto sabes sobre estes 7 monumentos naturais no TRIVIAL GOOGLE EARTH

E PARA REMATAR CANTAMOS E BAILAMOS con Mamá Cabra, Patrimonio Natural:
O COIDADO DO PLANETA...
ESTÁ NAS TÚAS MANS!

1 comentario:

María José dixo...

Fíxate ben, hai paxariños, sonidos, que seguro que non viches nin escoitaches antes