5 de abr. de 2020

Día 21: 05.04.20 XORNAL: O PAPAGAIO

Hoxe, domingo, lectura de xornal.

OLLA O PAPAGAIO é unha iniciativa para ler este xornal en formato dixital.

O PAPAGAIO é un xornal para a xente miúda. Recibímolo no noso centro. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual. Trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras. 
O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.


Ningún comentario: