"PODO APRENDER PODO TRABALLAR"
Lema das asociacións de Autismo de España para visibilizar as necesidades e as capacidades das persoas do espectro autista.
TEA é un trastorno de orixe neurobiolóxico que afecta á configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral, dando lugar a dificultades na comunicación e na interacción social, na flexibilidade do pensamento e da conduta. Somos cada un de nós, os que temos que buscar técnicas e estratexias para relacionarnos con TODOS e con TODAS.
O 2 de abril é o DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO, data instaurada polas Nacións Unidas.
Este é un fermoso conto que temos na nosa biblioteca: EL CAZO DE LORENZO, escrito por Isabelle Carrier, Editorial Juventud.
Escoita a SESO DURÁN cantando unha adaptación do conto "EL DÍA DE MANUEL" de María José Ferrada editado por Alfaguara, titulada HAI UNHA LIÑA.
Visita o blog de Orientación do noso cole e participa nas actividades propostas para este día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario