11 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 1


O mes de maio é para nós o MES DAS LETRAS  porque o día 17 celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS para a exaltación da nosa lingua e literatura.

Ao longo destas dúas semanas iremos compartindo con vós diferentes actividades.

Este ano 2020, tan extraordinario, a figura homenaxeada é RICARDO CARBALLO CALERO.

Para coñecer a tan ilustre persoa podes ver a presentación anterior cos carteis que estarían colocados polos corredores do noso cole.

Despois podes xogar a este divertidísimo ESCAPE ROOM sobre Ricardo Carvalho Calero facilitado por Alba Carril do CPI de Vedra e Ana Santos do CEIP Carril.


https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR219LJCkajRtQD2fziv2dWgJgBF4rKyPTdSVfmsrbe77gtRjJSmCQh0bIs

 Presentación dos Carteis gañadores do concurso Letras Galegas 2020 na categoría A (educación infantil e primaria) para a exposición Recordando Carvalho Calero, elaborada polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña).
Premer AQUÍ

Ningún comentario: