30 de maio de 2020

Día 76: 30.05.20 MINUTOS MUSICAIS!

Esta semana de tanto sol e calor, na que empezamos a recobrar unha pouca de normalidade (podemos ir á praia, saír á rúa,...) a proposta musical é a canción "Here comes the sun", do grupo de pop máis recoñecido da historia da música The Beatles.
A canción foi composta por George Harrison para o álbum Abbey Road, último disco editado pola banda, antes de se disolver en abril de 1970.



Unha canción chea de amor e esperanza que nos invita a recibir un novo día con optimismo: "Por máis largo que sexa o inverno, sempre volverá saír o sol".



                                    FELIZ SEMANA!!!

2 comentarios:

Unknown dixo...

Preciosa canción Profe Sole!!, é o vídeo moi bonito. Grazas por compartir estes minutos musicais.

Anónimo dixo...

Temazo!gracias