O escritor Domingo Villar faleceu en Vigo. Falar de Domingo Villar é falar de Vigo e de novela negra.
En 2006 publicou o seu primeiro traballo Ollos de auga, e co segundo, A praia dos afogados, consagrouse no panorama nacional e internacional da novela negra, con gran éxito en vendas e crítica. Foi un dos nomes máis importantes do país neste xénero e un auténtico superventas da man do seu inspector Leo Caldas. A súa obra foi traducida a máis de 15 idiomas, levando as rúas e a ría de Vigo máis aló das fronteiras españolas.
O último barco foi a súa última novela publicada no ano 2019.
Algúns contos completos, 10 relatos curtos con linogravados de Carlos Laonza publicado no ano 2021.
Grazas ás súas obras, o autor cultivou un gran número de premios, como o Novelpol en dúas ocasións, o Antón Losada Diéguez, o Premio Sintagma, o Premio Brigada 21, o Frei Martín Sarmiento ou o Libro do Ano da Federación de Libreiros de Galicia.
Tamén foi finalista doutros importantes galardóns como os Crime Thriller Awards e Dagger International no Reino Unido, do premio Lle Point du Polar Européen en Francia e do premio Martin Beck da Academia Sueca de Novela Negra.
Ademais, neste mesmo ano, no mes de marzo, Domingo Villar foi recoñecido na súa cidade natal co título de Vigués Distinguido, por toda a súa traxectoria literaria na que Vigo sempre tivo un lugar protagonista.
Grazas, Domingo Villar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario