Do 18 ao 27 de maio vai ter lugar a XXXIV Semana Cultural e das Letras Galegas 2022 no noso centro que este ano cumpre medio século.
Estas son as actividades programadas:
- Mércores 18: Dramatización histórica A MEMORIA DO NOSO por Cabo Udra realizada pola Asociación por Beluso (ASBEL).
- Xoves 19: Charla sobre ARTES DE PESCA do patrón maior da Confraría de pescadores San Martiño de Bueu, José Manuel Rosas Otero.
- Luns 23: Charla arredor da HISTORIA DE BELUSO E DA ILLA DE ONS por Miguel García, historiador e exalumno do noso centro.
- Martes 24 e mércores 25: Obradoiros NÓS MESMAS.
- Xoves 26: RECITAL POÉTICO e BAILE DA MUIÑEIRA.
- Venres 27: Creamos con... MÍRIAM FERRADÁNS.
- Do mércores 18 ata o venres 27 EXPOSICIÓN DE ARTES DE PESCA cedida por José Manuel Rosas Otero.
- Do 17 ao 31: MOSTRA HISTÓRICA do noso xornal escolar FIADEIRO, adicados ás Letras Galegas desde o ano 1978, na Casa do Pobo de Beluso.
COLABORAN: ANPA, ASBEL, CONFRARÍA DE PESCADORES, CONCELLO DE BUEU.
Podes consultar antigos FIADEIROS na marxe dereita deste blog ou visitar as páxinas de Arturo Cidrás:
https://descubrobueu.wixsite.com/bueu/fiadeiro
GOZA COAS ACTIVIDADES DA NOSA SEMANA CULTURAL!
Mil grazas pola vosa participación e colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario