A Real Academia Galega xa ten en marcha a nova edición de Primavera das Letras, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do Día das Letras Galegas 2022.
Na páxina web deste proxecto dirixido ao público infantil, primaveradasletras.gal, pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.
O espazo irase enriquecendo con novas actividades interactivas, fichas para colorear e outros recursos arredor do universo vital e literario de Delgado Gurriarán.
A RAG convoca ademais, ao abeiro deste proxecto, o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras co propósito de promover un espazo de participación para que os centros educativos amosen como celebran a gran festa da nosa lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario