Para nosa ledicia unha das alumnas da clase de 4º, Elena, é a gañadora na categoría Infantil do V Concurso de Microrrelatos convocado pola Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal.
Durante o mes de febreiro, o alumnado de 4º de Primaria leu e escribiu microrrelatos na biblioteca nun obradoiro de escritura creativa, como podedes ver nesta entrada do blog:
https://bibliomontemogos.blogspot.com/2022/02/microrrelatos.html
Seleccionaron oito pequenas historias para enviar ao V Concurso de Microrrelatos e chegou a gran noticia!
Podes ler a noticia neste enlace: https://academia.gal/-/premios-quinta-edici-c3-b3n-do-concurso-de-microrrelatos?redirect=%2Fcomunicacion%2Fnovas
PARABÉNS para ela e para toda a clase!
As nosas felicitacións tamén para Antía, alumna do IES Johan Carballeira, gañadora da categoría xuvenil!
1 comentario:
Parabéns polo premio acadado e parabéns por participar nesa fermosa iniciativa!
Publicar un comentario