Xa temos no patio o Banco da amizade!
Foi unha das propostas que se repetiu por parte do alumnado no círculo de diálogo para a mellora da convivencia e que se acadou grazas ao Contrato-Programa Inclúe-T.
Tras o deseño das letras do banco polo alumnado de 6º de Primaria e o pintado polo alumnado de 4º de Primaria, foi colocado no patio para que o alumnado que se sinta só teña un refuxio no que atopar unha amiga ou un amigo que se achegue a ofrecerlle a súa compaña.
Outras das propostas que se acadaron tamén a través deste programa e das que xa gozamos no colexio son o buzón da amizade e o cartel das "palabras máxicas" para axudar a lembrar que coas nosas palabras podemos mellorar a convivencia na escola.
Grazas por ser tan boas persoas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario