A nosa ben querida Míriam Ferradáns acaba de gañar o VI Premio Manuel Lueiro Rey de xornalismo, cun texto titulado Un maínzo de sal.
Conta a historia dun neno chamado Raúl no que aborda a problemática da pobreza alimentaria infantil. Uns datos que, segundo Save the Children, apuntan que en España hai 2,6 millóns de menores de idade en risco de pobreza e exclusión social ou dito de outro modo, un de cada tres nenos.
Míriam Ferradáns ten publicadas como poeta Deshabitar unha casa (2016) e Nomes de Fume (2017), cos que gañou, respectivamente, o premio de poesía Francisco Añón e o Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé. Nos anos 2013 e 2014 gañou o primeiro premio Rosalía de Castro de Cornellá. Con Do tacto recibiu o primeiro premio de poesía Leiras Pulpeiro no ano 2016. A finais de 2019 a editorial Apiario publicou o seu último libro, a plaquette, Agosto.
En 2021 gañou o XVIII Premio Afundación de Xornalismo Francisco Fernández del Riego co artigo Dalias, publicado en Nós Diario. E nese mesmo ano gañou os XXIX Xogos Florais María Pita da Coruña co poemario Corazón de chícharo e acadou o terceiro premio do certame Leiras Pulpeiro coa composición As Amantes.
Algúns dos seus poemas foron traducidos ao portugués, alemán, inglés, italiano, finés...
Ningún comentario:
Publicar un comentario