27 de mar. de 2020

27 de Marzo: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

ARRIBA O TELÓN!
Hoxe celébrase o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. O 27 de marzo de 1961 foi inaugurado en París o festival "Teatro das Nacións" que reúne a representantes de todos os países do mundo.

Os obxectivos deste día son promover esta forma de arte en todo o mundo e que as persoas tomen conciencia do seu valor.

Con todas e todos vós: 

Carlos Labraña, un dos dramaturgos máis premiados da Literatura Dramática infantil galega, co libro
A pequena compaña.

Anímate e crea títeres ou, na túa casa, representa unha pequena escena para sorprender a túa familia.

Na Hora de Ler na casa con... Violeta e Lois, cóntannos a súa historia dramatizada.

Actividades compartidas en:
- Rede Lectura

Tanxarina Títeres: "A Galiña Azul" 

Caramuxo Teatro: "Na casa", "Pío!

Mujeres con Ciencia: Valentina, para un público non tan infantil.

Teatro do Noroeste: "Animais de compañía".

- VOADORA EN EL SOFÁ: varios espectáculos.

 - Educateatro Producións, podes descargar as caretas dos seus espectáculos.

 - Mofa e Befa & Excéntricas.

Si queres ver máis actividades clica e entra no blog de Bibliotecas Escolares.

"UN TEATRO QUE SO PIDE OLLOS PARA VER E
 MANS PARA APLAUDIR"

Día 12: 27.03.20 Hora de Ler na distancia con... Violeta (2º EP) e Lois (6º EI)

Hora de Ler na distancia con... Violeta e Lois.

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

26 de mar. de 2020

Día 11: 26.03.20 Hora de Ler na distancia con... Eva (6º EP) e profe Sole!

Hora de Ler na distancia con... Eva de 6º de Primaria.

E hoxe temos unha sorpresa moi grande, Hora de Ler na distancia con.... profe Sole!

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

25 de mar. de 2020

SON DE PAXAROS

Nestes días de confinamento, observando polas fiestras, podemos ver que a primavera xa está aquí.
Escoitando as vosas lecturas de cando en vez trina algún paxariño, para gozar co seu cantar, toca a cada ave e a escoitarás.
Algúns deles conviven con nós, outros non porque son paxaros de río:

Esta páxina é do Museo Industrial do Ter ou MIT en Manlleu (Osona, comarca de Cataluña). Ten a súa sede nunha antiga fábrica de fiado. Organiza exposicións temporais e actividades diversas para dar a coñecer a zona e a biodiversidade do río Ter e os ríos mediterráneos en xeral.

Día 10: 25.03.20 Hora de Ler na distancia con... Iria (6º EP) e Miguel Ángel Alonso Diz, autor de Música no faiado

Hora de Ler na distancia con... Iria de 6º de Primaria.

E hoxe tamén está con nós... Miguel Ángel Alonso Diz co seu libro Música no faiado. É un libro de lectura recomendada para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. 

Tiñamos previsto que Miguel Ángel viñera ao cole para estar con nós na biblioteca e, por se ao final non pode ser, invitámolo a ler no blog da biblio para nós. Nenas e nenos de 5º e 6º, ide a présa a polos vosos libros Música no faiado para seguir a lectura con Miguel Ángel!

Infórmate e colabora:
Aínda que esteamos na casiña, queremos que a Hora de Ler continúe na distancia. Así que creamos este espazo no que cada día atoparedes unha lectura. 

Se vós tamén queredes participar nesta Hora de Ler, podedes facelo pedindo axuda á vosa nai ou ao voso pai para enviar o arquivo de audio ou vídeo ao email biblioteca.ceipmontemogos@gmail.com

Agardamos as vosas lecturas! 

24 de mar. de 2020

"CONTOS CONTADOS" Editorial KALANDRAKA

Desde a Editorial Kalandraka chegounos unha invitación para acceder á sección da súa canle "Contos Contados" onde diariamente publicarán contos editados por eles ao longo destes anos: "A cebra Camila", "O coelliño branco", "Versos e viceversos", "Unha última carta"... contados por diferentes persoas.

Podedes comprobar que todos e todas formamos parte dunha cadea humana que ama os libros e a lectura.

Aproveita e goza coa lectura!

Aproveita e escribe un diario, unha carta, os teus pensamentos, os teus desexos...!

Seguro que te sentirás mellor!

Día 9: 24.03.20 Hora de Ler na distancia con... Sara (3º EP) e teacher Víctor.

Hora de Ler na distancia con... Sara de 3º de Primaria.

Hora de Ler na distancia con... teacher Víctor. 