Este 23 de abril, Día do Libro, resultou ser un día diferente e moi gratificante.
No club de Lectura de Adultos recibimos á escritora Consuelo Vercher autora de CHARLOTTE, precioso libro con ilustracións de Clara Encinas, traducido por Tamara Andrés, editado por Kalandraka.
Dialogamos arredor dos grandes temas do libro, da aporofobia, da resilencia, do silencio, da importancia de escribir, de crer en nós mesmas, de continuar pola carretera da vida...
FANTASTICOSA xuntanza!
1 comentario:
O pracer foi para min ( ConsuVercher). Unha tarde tan enriquecedora e divertida. Que listosas que somos! Gracias María José, Sole , gracias a todas vós.
Publicar un comentario