Esta semana escoitaremos "Eu son" , canción escrita por Anxo Fernández coa colaboración na letra de Adrián Beiroa e arranxos na música de Guezos.
Guezos é unha banda de rock-pop-folk ourensán, cuxas composicións son moi abertas a calquera estilo, valorando moito as melodías e as harmonías propias do folk e mesturándoas coa potencia do rock.
O nome do grupo foi escollido ao chou dun dicionario de Galego/Barallete e significa "Rapaces ou nenos duns 13/14 anos". Tamén é o nome do seu primeiro álbum, que viu a luz no 2001.
O barallete é a xerga utilizada polos afiadores do concello ourensán de Nogueira de Ramuín para se comunicar entre eles. A finalidade da fala era a de evitar a comprensión por parte das persoas que non pertencesen ao gremio. Esta xerga tamén era utilizaddda por músicos e por outros profesionais ambulantes como os paraugueiros ourensáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario