O venres 5 de abril os nenos e nenas de 3º de Primaria asistiron a unha charla informativa, na biblioteca, para investigar arredor do Trail de Nocedo.
Esta proba deportiva está organizada pola Asociación veciñal por Beluso (ASBEL) e xa vai pola súa terceira edición.
Este proxecto une o deporte e a divulgación do patrimonio natural e cultural da nosa parroquia.
Mil grazas a Cahiso e a Marcos pola presentación tan amena da información e por compartir con nós o seu tempo e a súa gran experiencia na organización deste evento!
Compartimos un pequeno resumo do III Trail de Nocedo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario