Desde o ano 2018 celébrase o DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS para sensibilizarnos acerca da importancia das abellas e do resto de insectos polinizadores no medioambiente e da súa importancia para a saúde das persoas e do planeta.
Que podemos facer? Ti, no teu día a día:
- Cultiva unha ampla variedade de plantas autóctonas que florezan en diferentes épocas do ano.
- Compra mel aos agricultores da túa zona.
- Protexe as colonias de abellas silvestres.
- Apadriña unha colmea.
- Deixa un cunco pouco profundo con auga limpa e pedras ou paus para que as abellas beban e non se afoguen.
- Axuda a manter os ecosistemas forestais.
O declive no número de abellas aféctanos a todos!
Crea conciencia sobre a súa situación. Visualiza este video:
Ningún comentario:
Publicar un comentario