O escritor de libros infantís Eric Carle (1929-2021), autor do bestseller The Very Hungry Caterpillar (A eiruga comellona), faleceu aos 91 anos.
Eric Carle escribiu máis de 70 libros, entre eles o clásico de literatura infantil The Very Hungry Caterpillar, publicado en 1969 e que conta a historia da metamorfose dunha oruga nunha bolboreta. A obra estaba na décima posición dos libros máis prestados na historia da Biblioteca Pública de Nova York nunha lista que foi publicada pola institución en 2020.
"Creo que é un libro de esperanza", dixo Eric Carle nun video publicado para a celebración do 50 aniversario da obra, que explicou en varias ocasións que quería que servise aos nenos na súa transición á escola, para que se puidesen identificar como enormes bolboretas.
"Os nenos necesitan esperanza. Ti, pequena insignificante eiruga, podes converterte nunha bela bolboreta e voar polo mundo co teu talento", agregou.
Eric Carle naceu en Siracusa (Nova York) en 1929, pero creceu en Alemaña, volveu a EEUU, onde desenvolveu a súa carreira como deseñador, escritor e ilustrador de libros. A pesar da súa longa lista de obras, non comezou a escribir libros infantís ata os 40 anos.
Para saber máis entra na páxina web do autor: https://eric-carle.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario