16 de maio de 2021

MINUTOS MUSICAIS!

 Nesta semana na que celebramos o "Día das Letras Galegas", escoitaremos "INTEMPÉRIOME" e "Darío a Diario" cancións interpretadas polo grupo galego "A banda da Loba" como homenaxe a Xela Arias, escritora a quen se lle adica este ano as Letras Galegas.

"Intempériome" fala de deixar atrás o aprendido, os prexuízos e os estereotipos, e avanzar cara o auto-recoñecemento para sermos a persoa que queiramos ser. 

"Darío a Diario" é unha mensaxe de amor de Xela a seu fillo Darío, mais tamén é un legado para todas as mulleres sobre a maternidade entendida como un lugar onde cohabitan o amor e o racional, a protección e a liberdade na evolución do fillo.

Pertence ao último traballo da banda ,"Hasme oír", no que tamén se inclúen dúas cancións máis  dos poemarios da escritora:  Denuncia do equilibrio e Tigres coma cabalos.


BOA SEMANA!!

Ningún comentario: