1 de maio de 2024

Chega a primavera: a xesta

Os nenos e nenas de Infantil fomos buscar xestas preto do cole. 

Estivemos investigando que tipo de arbusto é a xesta, para que se utiliza, que relación ten coa celebración do 1º de maio, o porqué se pon nas portas e portais das casas, nos coches...

Nas Rías Baixas e no norte de Portugal a entrada de maio supón unha transformación floral. Entre a tarde do 30 de abril e a xornada do 1 de maio recóllese e decórase coa flor amarela característica das xestas. 

Para explicar a orixe deste rito cómpre remontarse ao espazo simbólico que ocupa a xesta na cultura galega, unha planta á cal se lle asignan propiedades máxicas, como a capacidade de rexeitar os meigallos e de atraer a bonanza. 

Segundo o arqueólogo, museólogo e o experto en etnografía, Felipe Senén, estas son crenzas que conviven no imaxinario social desde o Neolítico.

Ademais da concepción da xesta como forma de espantar os males, a tradición tamén ten unha vertente naturalista. É un rito que relaciona os seres humanos coa natureza e que exalta a flor como símbolo da fecundidade e da bonanza da colleita agraria. “Se as plantas florecen dan froitos, e se dan froitos, dan sementes, algo que representa o ciclo vital”.




Preparamos e compartimos con toda a comunidade pequenos ramos de xestas para levar para casa. Tiveron unha gran acollida!





Viva a primavera!

Imos todos e todas a plantar para despois recoller!

Ningún comentario: