Como actividade complementaria, despois da lectura do cómic Wolfram realizamos un roteiro cultural e literario pola cidade de Vigo da man de Borja Concheiro, guía turístico.
Visitamos diferentes lugares da cidade: os silos do cable, a estación marítima, a concatedral, a praza Compostela, a Porta do Sol, a fortaleza de San Sebastián, as rúas da zona vella...
Situamos os lugares que aparecen no libro e observamos a importancia estratéxica que converteu a Vigo nun niño de espías na primeira metade do século XX, especialmente durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945).
Conversamos das viaxes da espía Mata Hari a Vigo en 1916, do espía Garbo e a súa muller Araceli González Carballo, galega de Lugo, que segundo investigacións recentes, ela era a verdadeira espía que conseguiu enganar os nazis co desembarco de Normandía. Da importancia dos cónsules...
A chegada de estranxeiros tivo unha grande influencia na ría de Vigo. Trouxeron os primeiros clubes de fútbol, de tenis, de billar. Nos exteriores do Cable Inglés había un reloxo que os vigueses empregaban coma guía para axustar os seus propios, dicindo que “levo a hora do Cable”. Algúns ingleses e tamén alemáns, casaron e ficaron en Galicia.
Foi unha xornada fantástica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario