Este martes, os nenos e nenas de Infantil, fixemos un roteiro ao campo de fútbol do Beluso, en Laxes, Cabalo.
Foi unha actividade práctica relacionada co Proxecto Documental deste curso: En xogo!
Realizamos unha camiñata pola Recta do Peón, adentrámonos nun sendeiro de monte, subimos unha pequena montaña e alí estaba o campo de fútbol.
Visitamos as instalacións, gozamos vendo como se regaba o campo, xogamos a diferentes xogos e démoslle o balón para marcar gol nas porterías...
Grazas á asociación veciñal ASBEL, en particular a Pepe (O Cachiso), a Noelia e a Ángeles pola súa colaboración.
Grazas ao Club de Fútbol Beluso, a Jaime e a Sara por acompañarnos no campo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario