24 de maio de 2024

Encontro literario con María Lado!

 María Lado, escritora, poeta, dramaturga, tradutora, actriz...  visitou a nosa biblioteca para conversar cos nenos e nenas de 3º de Primaria.

Estiveron falando do proceso creativo, da narración, da escritura, das personaxes... de todo un pouco pero sobre todo de CARAMOMIA, "un divertido misterio a oito mans" escrito entre María, Ledicia Costas, Daniel Landesa e O Hematocrítico. Ilustrado por Martín Romero. Publicado en 2023 pola editorial Xerais. 




Grazas á editorial Xerais pola súa xentileza ao acercar a María Lado a nosa biblioteca!

Ningún comentario: