Esta semana escoitaremos, durante o momentiño da entrada, a canción da banda A Gramola Gominola, A superlingua.
A Superlingua é a canción da Gramola Gominola que fala da nosa lingua, a lingua galega. Déronlle ese nome de Superheroína porque ela ten grandes poderes!
Con ela podemos cantar, ler, rir, investigar, amar...
Acaso hai algo que non poidamos facer coa nosa Superligua?
A Gramola Gominola é unha banda de auténtico Rock&Roll en galego para público cativo. Eles son Paco Cerdeira (Pakolas, Zenzar), Paula Romero (De Vacas, Coro Encaixe), Anxelo de Xermar (Festicultores Troupe) e Rodrigo Muñoz (Di elas, Lacón con Grelos). O grupo naceu no ano 2015 e dende entón deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Premio Martin Códax da Música 2018 ao mellor grupo de música infantil. Teñen tres libros-CD no mercado publicados pola Editorial Galaxia e que podes atopar na nosa biblioteca.
O martes 7 iremos ao Correlingua a Bueu e escoitaremos a súa música!
Feliz semana!
Falemos a nosa lingua!
Mil primaveras máis para a nosa lingua! (Álvaro Cunqueiro)
Ningún comentario:
Publicar un comentario