Antía Pazos volveu ao cole, unha vez máis, para impartir un obradoiro sobre alimentación saudable en 5° e 6° de Primaria.
Durante a primeira parte da sesión, realizaron un pequeno repaso sobre estilos de vida saudables e principalmente sobre alimentación (grupos de alimentos e nutrientes...), todo a través de xogos.
Na segunda parte, traballaron por equipos para elaborar e expoñer unha receita saudable creada por eles e elas mesmos.
Pasámolo en grande!
Moitas grazas Antía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario